XVI Festa da mazá en Redondela

Este fin de semana o municipio pontevedrés de Redondela acollerá a XVI edición da Festa da Mazá. Así, a pequena homenaxe a esta froita dará comezo o sábado 1 de Outubro ás 10 de noite, cunha degustación de sidra doce, augardente de mazá e de chourizos á sidra.

O día seguinte, domingo 2 de outubro, abriranse unha serie de casetas ao público, nos que se poderá continuar degustando unha serie de pratos elaborados con mazá, como bacallau e costela, ademais da tradicional empanada rechea deste produto e outras sobremesas elaboradas con el.

O pregón da festa correrá a cargo do alcalde, tras o cal amenizarán a festa un grupo de pandereteiras e un de gaiteiros. Será máis tarde cando a música tradiconal dea paso a unha versión máis xuvenil da festa, con varias actuacións, entre elas a de Dj Alberto.

Comentarios