XXI Festa da Faba, en Lourenzá

A XXI Festa da Faba de Lourenzá comezará o venres 30 de setembro e estenderase ata o domingo, 2 de outubro, tras infinidade de actividades festivas organizadas polo municipio.

Así, dará comezo durante a tarde do venres cun recordatorio, acompañado por unha ofrenda floral, a D. Francisco Fernández del Riego. Logo disto, farase lectura do pregón, a cargo da presentadora de televisión Belinda Washington, que inaugurará o fin de semana de festas, e procederase á degustación pública de polbo.

O sábado de mañá terán lugar a celebración do I Trofeo Infantil de Fútbol Faba de Lourenzá, a apertura da Feira Exposición no Claustro do Mosteiro de San Salvador e unha nova sesión de degustación. Tamén se procederá á apertura dun Centro de Interpretación da Faba, a Exposición do XV Concurso Fotográfico Festa da Faba e outra exposición Fotobiográfica adicada a Álvaro Cunqueiro. Tamén, xa de tarde, celebrarase a II Carreira Popular Val de Fabas e ou Trofeo de Basket Feminino Faba de Lourenzá.

Xa o domingo, a partir das oito e media da mañá, permanecerá aberto o Mercado de Fabas, no cal se habilitarán casetas para a súa degustación, ademais de que algunhas das actividades programas para o sábado contuarán activas en domingo. E chegada a tarde, ademais da final do trofeo de fútbol e a súa correspondente entrega de premios, tamén se decidirá o gañador do IV Concurso de Tapas con Faba de Lourenzá.

Comentarios