XXI Festa do Caldo galego

A XXI edición da festa do Calgo galego, organizada pola Asociación de Vecinos do Castro, terá lugar no municipio pontevedrés de Mourente os días 10 e 11 de marzo.

A apertura de festa será ás 10.00 horas co nomeamento de novos cabaleiros e damas da Orde do Caldo. A continuación, as orquestras Solara e Ritmo Xoven, ofrecerán a súa actuación.

Para rematar, para o domingo día 11, os actos comezarán un pouco máis tarde que o día anterior, ás 12.30 horas, coa lectura do pregón a cargo do actor Manuel San Martín.

Os asistentes poderán degustar este prato típico, composto de carne de porco e de tenreira, de lacón, pancenta, grelos, chourizo e patacas. O prezo será de 2 € pola cunca e de 4 € pola cazuela, que os asistentes se poderán levar como recordo.

As orquestras Los Satélites  e Los Antonis porán o broche fin de festa.

Comentarios