XXIII Festa do Pan en Neda

O domingo 4 de Setembro, arrinca a Feira do Pan na localidade de Neda acompañada coa Feira de Artesanía. Todos os presentes terán a oportunidade de degustar o pan na feira ou de compralo a módicos prezos. Ao mediodía todos os asistentes reuniranse para celebrar unha comida popular na que se poderá degustar o pan como protagonista, paella, churrasco, sobremesa e bebida. Todo iso polo prezo de 12 € por persoa. A xornada estará amenizada coa actuación de grupos de gaitas

Ademais como novidade nesta ocasión en Neda celebrarase o primeiro Concurso de Penas que terá lugar en diversos lugares do municipio. Repartiranse agasallos ás penas cuxa indumentaria sexa a máis orixinal e que sirva de reclamo publicitario do Pan de Neda, ás penas mais simpáticas e ás que acumulen máis puntos nas diferentes actividades e deportes que se desenvolverán ao longo de todo o día.

Comentarios