XXIV Festa da Castaña en Folgoso

A vixésimo cuarta edición desta cita gastronómica comezará ás 13.30 horas coa lectura do pregón de Xesús Manuel Marcos, un escritor natural de Seoane do Courel.

Pola tarde, os veciños e foráneos poderán comer as castañas asadas acompañadas de viño. A degustación estará amenizada por unha charanga. A partir dos 17.00 horas os máis pequenos da casa poderán gozar dunha serie de actividades de lecer.

Para aqueles que non chegaron a tempo para probar este exquisito manxar terá unha segunda oportunidade pola noite; onde tamén haberá tempo para o baile.


Comentarios