XXVII Feira do Viño

Esta cita gastronómica celebrarase en Betanzos desde o día 4 ata o 6 de maio. Os asistentes poderán desgutar os caldos na praza García Hermanos.

O venres 4 de maio comezarán os actos de inauguración. Así, para as 20.00 horas terá lugar a lectura do pregón no edificio do liceo. Seguidamente, abriranse as casetas para que as persoas que se acheguen poidan comprar o viño, así como outros produtos típicos galegos como o polbo, queixos, chourizos, entre outros.

Para o sábado 5, os postos de venda abriranse ás 12.00 horas. Media hora despois a científica María do Carmen Martínez ofrecerá unha charla no liceo sobre a Variedade da uva branca lexítima. Coa chegada da noite, unha orquestra amenizará a velada.

Finalmente, o domingo 6 a apertura de casetas farase tamén ás 12.00 horas. Nese día, diferentes grupos poderán a nota musical á xornada.

Comentarios