XXX Feira do Viño

Os asistentes que se acheguen á XXX edición da feira do Viño de Chantada, en Lugo, poderán degustar as distintas variedades de viños novos, que están incluídos no D.O. Ribeira Sacra, desde o día sete ao once de marzo. Ademais, hai previstas outras actividades relacionadas co mundo vinícola.

Así, para o mércores día 7 está programada unha conferencia de Tratamentos alternativos para a viña, que correrá a cargo de D. Bernardo Estévez Villar no Telecentro.

Seguidamente, para o xoves día 8 está prevista outra charla. Neste caso, sobre a Conservación de bullos, da man de D. Ignacio Orriols Fernández no Telecentro.

Para o venres día 9, a partir das 17.30 horas, os grupos da Escola de Música de Chantada ofrecerán a súa actuación. A continuación, ás 23.00 horas tocaralle a quenda ás orquestras Suavecito e Aramio.

Na fin de semana, o sábado, a partir das 10.00 horas na carpa da feira os asistentes poderán gozar coa música de Os barrios, Estoupacaldeiros, Grupo de zanfonas da Tradescola de Lugo.

Pola noite, sobre as 23.00 horas, as orquestras Compostela e América S.L amenizarán a velada.

Para rematar, o domingo día 11, do mesmo xeito que o día anterior, a partir das 10.00 horas, a Escola de Música de Chantada, Banda de Gaitas e Acordeón da Alameda ofrecerán as súas actuacións. Seguidamente, terá lugar a cata de viño na Casa da Música, e á 13.30 horas levará ao cabo a lectura do pregón. Este ano tócalle a quenda a D. Xosé Neira Vilas.

O broque fin de festa correrá a cargo das orquestas Trébol e Superfama.

Comentarios