As penas: 160 anos de cárcere e 26.000 millóns de multa

Condenan a 159 anos de cárcere os 17 acusados polo alixo do Riptide

Cada imputado, excepto un, foi sentenciado a dúas multas de 800 millóns de euros ► Carballa, Manzanita e Vigo, entre os condenados polos 3.000 quilos de cocaína comisados en 2013
Juicio por los 3.000 kilos de cocaína que transportaba suspuestamente el Riptide
photo_camera Juicio por los 3.000 kilos de cocaína que transportaba suspuestamente el Riptide

O fiscal Antidroga, Luis Uriarte, conseguiu convencer o tribunal da Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra de que os 17 acusados que sentaron no banco pola súa relación co alixo do Riptide son culpables. Os responsables do maior cargamento de droga con destino ás Rías Baixas comisado na actual década (uns 3.000 quilos) deberán cumprir penas de prisión que oscilan entre os nove e os doce anos e tres meses, coa excepción do pontevedrés Rogelio Collado, condenado a tres anos e medio.

O xuíz contou coa vantaxe da confesión dos feitos desde o mesmo momento da vista oral por parte de dous dos xefes: o vilagarcián Marcos Vigo, considerado o xefe da organización en Galicia, e o venezolano Gregorio Hernández, representante do cártel suramericano nas Rías Baixas.

Dos seus testemuños desprendeuse que o portonovés Antonio Carballa e o vilanovés José Luis Viñas Morgade, Manzanita, o acompañaban na cúspide dun armazón que contaba con varias persoas máis preparadas para introducir nas rías o descomunal alixo.

Os investigadores do Greco de Pontevedra foron quen desmantelaron o grupo criminal, evitaron a introdución da droga, detiveron os seus responsables e solicitaron as probas suficientes para que o fiscal non tivese problemas á hora de defender a acusación. Iso foi así a pesar dos argumentos de Carballa e Manzanita, que caeron en saco roto.

Comentarios