Manuel Gago
Seta (artigo de Manuel Gago)

Cocidos na Comarca

Ao calor dun lume de carballo, rodeado de urbanitas gastroviaxeiros e veteranos solteiros do rural ulloán, decátome do mellor símil literario para a Galicia contemporánea: a Comarca inventada por Tolkien para a Terra Media

ManuelG

Entre nós

Esta é unha quincena estraña: soan a morto as campás da catedral, chéganme libros cheos de preguntas máis que de respostas e por riba e verifico unha vez máis que non temos remedio. Nin remedios, que é o peor

Escultura

Alquimia do soño

Durante as tempadas de presión vital, a nosa relación coa cultura cambia. As lecturas dos tempos tranquilos non son as mesmas que as que se precisan cando se pasan un par de meses sen tempo libre. Pero non son necesariamente máis lixeiras, senón que mesmo poden ser o contrario

La venus de las pieles. AEP

Profecías sobardadas

A alegría polo fracaso do anunciado triunfo do libro electrónico camufla a ignorancia de ignorar que o sorpasso é moito maior do agardado, pero non na dirección prevista. A lectura dixital xa non lles pertence aos libros

Maiorías de idade

No Seisentidos desta semana percorremos os Ancares e as barricadas do París do 68. Realidades tan distintas só teñen un punto en común: en canto nos descoidemos, non quedará nada do que foron

Pórtico da gloria

Epatar, non convencer

Na catedral de Santiago, tralo pórtico, os arcebispos misaron ata o século XVI, ben conscientes do que facían, sobre unha lousa consagrada aos deuses manes de Roma. Foi un chivato de Felipe II quen lles obrigou a cambiar o conto

Autobús antiguo

Maiorías de idade

"Son d’Aldea ten apenas oito anos de vida como festival, pero o rural conta coa prodixiosa capacidade de darlle a calquera novidade un balor de tradición en apenas unha presa de anos"

Escultura. EP

Esconxurar o solpor

"Stalin morreu antes de que a estatua estivera rematada, e esta tiña os días contados habendo un novo Komitern. As autoridades decidiron voala e aplicarlle unha 'damnatio memoriae'. A escultura, oficialmente, non existiu"

senegal

Non hai escusa

"Agrafoxo prefire sacrificar esas faíscas literarias en prol do realismo da viaxe, nas que os aspectos de loxística —atopar fonda, buscar transporte, transaccionar con locais— ocupan sempre unha parte central do tempo"

Valle Inclán. AEP

Entretempo

"Para facer a Shakespeare global foi preciso primeiro crear un imperio, e despois descarnar o dramaturgo en valores absolutos coma o poder, o odio ou a paixón. A Valle Inclán só o descarnou Castelao no seu Alba de gloria. E do imperio, mellor non falar"

Verdades do material

Fronte ao relato da arqueoloxía como unha disciplina que atravesa placidamente, como Drácula, océanos de tempo, a arqueoloxía do pasado contemporáneo ten a capacidade de revolver o relato que facemos de nós mesmos

Reliquias mortas

Só unha minúscula escena redime esa parte do filme: cando o cantor gaélico Joe Heaney, porteiro nun edificio de Manhattan, acariña o granito da fachada con morriña, coma bo emigrante de Carnota, perdón, de Carna

Foto que ilustra un artigo de Manuel Gago, 'Case de todo' (teatro)

Case de todo

"Estes días lin un estraño libro de José María Castroviejo, 'La montaña herida'. Unha especie de novela sobre o maquis e a represión militar nos Ancares"

ManuelAntonio3

O espello das verdades

COINCIDEN NAS librarías dúas biografías moi distintas do poeta Manuel Antonio, a de Xosé Ricardo Losada e a de Xosé Luís Axeitos. De maneira inusual, son tamén dúas formas de ver o pensamento e obra dun poeta que marchou demasiado pronto, pero que segue tendo lecturas de actualidade

Exotismos excéntricos

Comprobeino unha vez máis coa excelente 'O Cairo confidencial', da que está todo ben agás o horroroso título. Cine negro de altura, con protagonista corrupto camiño da redención e turbulento momento histórico, a primavera árabe, de fondo

Luna

Arcanos de mármore

No Museo de Ciencia Viva, o seu director, Rui Dias, anda por todas partes con bolígrafos e metros. É un apaixonado das escalas. Para demostrar as inconcibibles dimensións do sistema solar, converteu o concello de Estremoz nun taboleiro á medida

Lenny Kravitz

20.000 ausentes

Os vinte mil abonos ao festival O Son do Camiño esgotáronse en pouco máis de dúas horas. Isto demostra que a xente, cando quere, entérase de todo. O dato pon o acento nun consumidor de cultura activo que simplemente non nos escolle

Táboa Redonda

Orixes inéditas

"Algúns comentaristas franceses inventaron un novo verbo en primeira persoa do plural, 'ormessons', para describir os espíritos voluntaristas e optimistas. Era un home que ría de si mesmo, con moito gusto e, aínda ben de vello, conseguía atraer os rapaces máis novos. Comparen. Claro que hai fronteiras".

Esperanza do retorno

"Os redactores do 'Cuestionario del folklore gallego', en 1881, pedían aos colaboradores vilegos que preguntasen cando comezaron a desaparecer as fadas. E sobre elas tiñan que completar o seguinte epígrafe, inquietante e enigmático: 'Esperanza do seu retorno'"

Unha imaxe do Associates Press Building.

Ilusionismo biográfico

HAI QUE ter coidado co memorialismo dos xornalistas; a ninguén lle gusta menos falar de si mesmo que a unha persoa que se dedica a falar dos demais. Neste tempo de prestidixitadores intelectuais, recoñecer os trucos é requisito para poder sobrevivir entre lecturas e noticias. VISTA As correccións dunha novela son coma o último...