Imprimir

Os Coira salvan a honra galaica nos premios Feroz de Almodóvar

Galiciae | 17 de enero de 2020

Os irmáns Coira pousan co premio á Mellor serie dramática durante a gala de entrega dos Premios Feroz 2020. DAVID FERNÁNDEZ (Efe)
Os irmáns Coira pousan co premio á Mellor serie dramática durante a gala de entrega dos Premios Feroz 2020. DAVID FERNÁNDEZ (Efe)
A serie dos irmáns de Rábade foi a exigua vitoria nuns galardóns que consagraron se cabe máis Dolor y gloria

Galicia volveu o xoves case sen carga dos premios Feroz. O que arde non tivo o seu día, nin Luis Tosar nin Zeltia Montes. Ningún conseguiu galardón nas súas respectivas categorías. Con todo, alí estaban os irmáns Coira para  salvar a honra galaica coa multipremiada serie Hierro, que rabuñou dous galardóns como mellor serie dramática e tamén mellor actriz protagonista dunha serie para a xuíza Candela Pena.

Nas antípodas situouse O que arde, rodada en galego e nos Ancares, que non levou ningunó dos cinco galardóns aos que optaba: mellor película, mellor director e mellor guion, un triunvirato de premios que foron a parar todos a mans de Pedro Almodóvar por Dolor y gloria, que se mostrou intratable; mellor cartel, que foi a parar finalmente á película El crack cero e mellor tráiler que levou Adiós.

Luis Tosar, que competía a mellor actor, e Zeltia Montes, nomeada á mellor música orixinal, nada puideron facer ante o fenómeno de Dolor y gloria, que non deixou monicreque con cabeza nuns premios que son a antesala dos Goya, que se celebrarán o próximo día 25 en Málaga.

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/cultura/coira-salvan-honra-galaica-nos-premios-feroz-almodovar/20200117011033072013.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)