Opinión

Ano electoral concentrado en maio

OUTRO ANO excepcional que se vai. Ningún se repite. Pero neste para a historia quedará que triunfou unha moción de censura que levou á presidencia do Goberno o representante dun partido que non fora o máis votado. Non de tanta transcendencia, aínda que ben chamativo, foi o duro castigo que o PSOE recibiu en Andalucía que o levará á oposición logo de case catro décadas.

Os partidos que negocian o cambio ven nestas eleccións autonómicas unha extrapolación a España, se ben é posible que non se saiba se teñen razón ou non no 2019, dependerá de se as condicións permiten rematar a lexislatura; para iso os orzamentos serán determinantes e neste último mes do ano déronse pasos cara Cataluña que desbloquearon a situación cos partidos independentistas. O que está claro é que se celebrarán os comicios municipais (tamén europeos e autonómicos), que historicamente adiantan como irán as seguintes xerais. Haberá que agardar a maio.

Comentarios