Opinión

Desgaste xudicial

O PODER Xudicial está recibindo un pau detrás doutro. O último foi incluso máis prexudicial có embrollo pola carga fiscal sobre as hipotecas, pois leva implícito o recoñecemento do seu control. Os partidos colocan persoas de confianza en postos clave. Isto é o que evoca o portavoz do PP no Senado coa mensaxe na que se vangloria ante os seus dunha negociación vantaxosa politicamente, aínda que o CGPJ fora de maioría progresista, como así se establecera.

Recúa o elixido para a presidencia do máis alto órgano xudicial, o que lle permitirá dirixir o xuízo contra os líderes independentistas cataláns. Os soberanistas utilizarano así politicamente por ser unha persoa de confianza do PP, de feito fora o seu principal candidato para o Poder Xudicial no 2013, pero todo parece indicar que o vetara o PSOE, non como agora, que o aceptaba. A torpeza de Cosidó ao deixar por escrito o que se sospeitaba é unha coitelada á terceira pata do Estado.

Comentarios