Opinión

Término político tomado como xurídico

O PROBLEMA é o concepto, como deixou para a posteridade hai xa máis de vinte anos a película Airbag. O concepto, a idea, a opinión é o que se discute cando se fala de nación, que en orixe significa lugar de nacemento, sen máis; pero que á larga incluso a RAE o admite como conxunto de habitantes dun país rexido por un Goberno.

Pero aínda así nunca sería sinónimo de Estado, como algúns aprecian e por iso lles dá pánico admitir que existen outras nacións á parte da española dentro do territorio. Incluso hai xuristas que lle dan esa consideración legal para non transixir co término en norma algunha que non sexa a Constitución, e polo mesmo motivo algúns partidos reaccionan iradamente cando o ministro borrell, inimigo acérrimo do independentismo periférico, mantén que Cataluña é unha nación. Porque non é término xurídico, aínda que haxa xuristas que o estimen, senón só político.
 

Comentarios