02 de diciembre de 2019 (21:13 h.)
O fallo nunha atracción de feira en Lopburi, Tailandia, puido acabar en traxedia ao abrirse a barra de seguridade cando a máquina estaba en funcionamento. Varios nenos saíron despedidos e caeron ao chan. Milagrosamente, levantáronse polo seu propio pé e só sufriron golpes e mazaduras.