Gente

Este é o novo videoclip de Isabel Pantoja

A cantante sevillana Isabel Pantoja estreou esta madrugada e por sorpresa o seu novo tema "Esta es mi vida", unha balada coa que volve ao mundo da música sete meses despois de estrear "Enamórate".
 
Segundo se recolle nas súas redes sociais, a canción é unha adaptación de "Vita/ Il giorno dell"amor", un sinxelo do cantante italiano Elio Gandolfi lanzado polo selo discográfico Carosello en 1968, que foi adaptado ao español para a voz da tonadilleira andaluza por Inmaculada Mira.
 
Ás 10.00 horas deste xoves lanzouse o seu videoclip oficial, que supón un percorrido pola vida persoal e profesional da artista, cunha sucesión de vídeos de arquivo e fotografías xunto ao seu marido, Francisco Rivera " Paquirri", os seus pais, o seu fillo, Francisco José, a súa sobriña Anabel ou o seu irmán Agustín.