Vídeos

Morre o rapeiro Jon James McMurray ao caer desde un avión mentres gravaba un vídeo

O rapeiro canadense Jon James McMurray morreu o pasado 20 de outubro ao precipitarse desde unha avioneta cando gravaba un vídeoclip para o que levaba meses preparándose. O cantante, de 34 anos, dispoñíase a realizar un truco acrobático desde o á da aeronave cando perdeu o equilibrio e caeu, non tivo tempo de despregar o paracaídas e impactou contra o chan. Faleceu no acto.

Comentarios