miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Vídeos

Narcotráfico e trap: o éxito duns arousanos que arrasa nas redes sociais

A canción 'Cambados Cara B', defendida polo colectivo Arousa Vice, está arrasando nas redes sociais desde hai unha semana.

O pegadizo tema de trap contén claras referencias ao narcotráfico en clave de sátira, como se aprecia no refrán: "teño a planeadora en San Tomé, unha depuradora e seis chalés, manexo a farlopa do Salnés, welcome to Cambados cara B".

O videoclip da canción, que xa supera as 35.000 visualizacións, foi publicado o pasado mércores aproveitando a emisión do capítulo final de 'Fariña'.