30 de abril de 2018 (19:54 h.)
Rodrigo Koxa superou o récord mundial da onda máis grande nunca surfeada, durante unha sesión o pasado mes de novembro en Nazaré (Portugal). A Liga Mundial de Surf (WSL) informou de que o brasileiro, de 38 anos, logrou cabalgar unha onda de 24,38 metros.