Achan un feto momificado nun avión da T4 do aeroporto de Madrid

A Garda Civil analiza se se trata dun ser humano un simio, malia que os investigadores se inclinan por esta segunda hipótese
Avión na T4 do aeroporto Adolfo Suárez-Madrid Barajas. EFE
photo_camera Avión na T4 do aeroporto Adolfo Suárez-Madrid Barajas. EFE

A Garda Civil atopou na tarde do pasado 3 de xullo un feto momificado escondido no baño dun avión que aterrara procedente de Cuba na terminal 4 do aeroporto Adolfo Suárez-Madrid Barajas e agora os investigadores analizan se se trata dos restos dun ser humano ou dun simio. Así o sinalaron á axencia Europa Press fontes do Instituto Armado, tras a información adiantada por El Mundo que apunta a que a primeira hipótese que manexan os encargados do caso é que se trata do feto dun simio.

No entanto, serán os resultados da autopsia os que o determinen. O feto foi trasladado ao Instituto Anatómico Forense de Madrid co fin de coñecer a súa procedencia e na Garda Civil atópanse "á espera dos resultados". Segundo o diario El Mundo, o embrión estaba envolto nunha tea e dentro dun recipiente que se atopaba oculto nun habitáculo onde se colocan as toallas.

Comentarios