Amaia revoluciona as redes ao presumir de axilas sen depilar en Instagram

A imaxe da cantante pamplonesa suscitou numerosos comentarios de apoio, pero tamén abundantes críticas

Amaia Romero. INSTAGRAM
photo_camera Amaia Romero. INSTAGRAM

A naturalidade de Amaia, que fixo dela unha das favoritas da audiencia durante todo o concurso de Operación Triunfo, segue reflectíndose en cada unha das súas aparicións públicas e tamén a través das súas publicacións nas redes sociais. A última en revolucionar a rede foi unha fotografía na que se pode ver á gañadora de OT cun look estival... e a axila sen depilar.

 

ð???<>

Unha publicación compartida da Amaiaamaia_ot2017)> o 27 May, 2018 ás 12:29 PDT

A cantante manifestouse en máis dunha ocasión como unha moza de ideas claras no que á liberdade de imaxe refírese. De feito, xa na súa etapa na academia reivindicou o dereito das mulleres a lucir vello corporal se así o desexan. "¿Sabes que? Que non me vou depilar as pernas, porque as mulleres tamén temos pelo", díxolle á súa compañeira Aitana nun momento do programa.

Coherente con ese ideario, en máis dunha ocasión optou por pintarlle o pelo no sobaco ás revistas que lle levaban os seus seguidores para firmar e nas que se eliminou con photoshop a sombra do vello. Agora volve tratar de normalizar o asunto coa publicación en Instagram doutra foto na que posa con naturalidade sen depilar, e que volveu a suscitar todo tipo de comentarios.

"Viva amaia e viva o feminismo. Porque nolo merecemos e punto", comentaba unha fan da cantante pamplonesa, mentres que outro usuario preguntábase: "O feminismo non ten nada mellor que facer que loitar polos pelos do sobaco?" e outros moitos animábana a depilarse. Nas primeiras vinte horas, a imaxe superou os 285.500 'Gústame'.

Comentarios