Bescansa acusa á dirección de Podemos de "tratar de impor" listas

A deputada de Podemos no Congreso asegurou que sente "desasosego" pola crise que vive o partido en Madrid

Carolina Bescansa. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera Carolina Bescansa. LAVANDEIRA JR (EFE)

A deputada de Unidos Podemos no Congreso Carolina Bescansa admitiu este xoves que sente "desasosego" pola crise que se está vivindo en Podemos Madrid e acusou á dirección do partido de "tratar de impor" listas en todos os procesos electorais.

Nos corredores da Cámara Baixa, antes de acudir ao Pleno deste xoves, Bescansa sinalou que a situación en Podemos Madrid é "moi triste", polo que mostrou o seu desexo de que "as cousas se recompoñan".

A dirección de Podemos Madrid decidiu apartar a seis concelleiros ao non querer someterse ás primarias, como obrigan os estatutos, por non estar de acordo coa súa posición na lista decidido previamente polo secretario xeral, o exxefe do Estado Maior da Defensa Julio Rodríguez.

Neste sentido, Bescansa, que perdeu as primarias para o liderado de Podemos Galicia fronte a Antón Gómez Reino, o candidato de Iglesias, lamentou que a dirección do partido "de maneira recorrente trate de impor" listas en todos os procesos electorais.

"Iso acaba xerando friccións porque xente con moita experiencia e apoio nos territorios séntese desprazada en procesos deste tipo. E é moi de lamentar", concluíu.

Comentarios