jueves. 16.09.2021 |
El tiempo
jueves. 16.09.2021
El tiempo

Bonilla a la Vista cóase nos Oscar

Patatas de Bonilla a la Vista
Patacas de Bonilla a la Vista
As famosas patacas galegas aparecen na película surcoreana Parasite ► A marca goza dunha gran popularidade no país asiático

Os produtos da firma coruñesa Bonilla á vista forman parte do atrezo da película Parasite, nomeada aos Oscar e gañadora da Palma de Ouro en Cannes.

En diferentes escenas deste filme, dirixido polo coreano BongJoon-ho, pódese ver emprazamento publicitario de Bonilla a la Vista, pois a súa imaxe acompaña ás familias protagonistas desta comedia negra de suspense protagonizada por Kang Ho Song e Sun-kyun Le, entre outros.

Segundo traslada a marca, Bonilla a la Vista é "todo un fenómeno" en Corea do Sur, país no que se venden ao mes máis de 37.500 quilos de patacas fritidas da firma galega e "é moi valorada" tanto polo sabor do produto, como polo formato "característico" da súa lata de medio quilo.

Ademais, a marca xa saíu en imaxes artísticas de Corea do Sur, pois o ano pasado dous membros da banda surcoreana StrayKids pousaron con latas de Bonilla á vista nunha sesión fotográfica da revista Dazed.

Bonilla á vista naceu en Ferrol no ano 1932 da man de Salvador Bonilla, pai do actual responsable, César Bonilla, e comercialízase actualmente en máis de vinte países do mundo. 

Bonilla a la Vista cóase nos Oscar
Comentarios