
Os produtos da firma coruñesa Bonilla á vista forman parte do atrezo da película Parasite, nomeada aos Oscar e gañadora da Palma de Ouro en Cannes.
En diferentes escenas deste filme, dirixido polo coreano BongJoon-ho, pódese ver emprazamento publicitario de Bonilla a la Vista, pois a súa imaxe acompaña ás familias protagonistas desta comedia negra de suspense protagonizada por Kang Ho Song e Sun-kyun Le, entre outros.
Segundo traslada a marca, Bonilla a la Vista é "todo un fenómeno" en Corea do Sur, país no que se venden ao mes máis de 37.500 quilos de patacas fritidas da firma galega e "é moi valorada" tanto polo sabor do produto, como polo formato "característico" da súa lata de medio quilo.
Ademais, a marca xa saíu en imaxes artísticas de Corea do Sur, pois o ano pasado dous membros da banda surcoreana StrayKids pousaron con latas de Bonilla á vista nunha sesión fotográfica da revista Dazed.
Bonilla á vista naceu en Ferrol no ano 1932 da man de Salvador Bonilla, pai do actual responsable, César Bonilla, e comercialízase actualmente en máis de vinte países do mundo.