Cando o FBI descubriu o laboratorio das 10 toneladas de cadáveres

O Centro de Recursos Biolóxicos con fins de lucro de Arizona albergaba neveiras cheas de penes e cubos con cabezas infectadas
Tres esqueletos. PAILBR75 (Pixabay)
photo_camera Tres esqueletos. PAILBR75 (Pixabay)

O FBI iniciou en 2013 unha investigación sobre as empresas dedicadas á venda de "corpos", doados á ciencia e para a investigación.

Unha das portas que abriron os investigadores federais foi a do Centro de Recursos Bilógicos con fins de lucro de Arizona, pechada en 2014 tras unha redada.

Os atopado alí saíu agora á luz, a través da declaración xurada do exaxente Mark Cwyanr, cuxo sobrecogedor relato está a dar a volta ao mundo. Trátase dun dantesco relato de cabezas humanas infectadas ocupando cubos, unha colección de penes nunha neveira, ou a grotesca creación que en principio se atribúe a Stephen Gore, titular da empresa, no que a cabeza dunha muller foi cosida ao torso dun home.

O que atopou Cwyanr naquel lugar custoulle un shock postraumático e noites sen durmir.

Segundo a axencia Reuters, os axentes deron cunhas 1.755 partes de corpos humanos nas instalacións de BRC, enchendo 142 bolsas de corpos cun peso total de 10 toneladas.

O testemuño de Cwynar saíu á luz como parte dunha demanda de 33 persoas que din que BRC adquiriu os corpos dos seus familiares a través de declaracións "falsas". 

Comentarios