Os chalecos amarelos lanzaron este sábado un ultimato ao presidente de Francia, Emmanuel Macron, cunha nova manifestación que desde primeira hora da mañá rexistrou altercados e estaba destinada a mostrar que o movemento mantén a súa forza a pesar das promesas gobernamentais.
"Logo desta xornada, polo menos para min, non haberá máis manifestacións. Haberá accións de verdade, teremos que propor bloqueos. Demostramos que sabemos manifestarnos, que non funcionou e que non fomos escoitados", dixo nas redes sociais un dos seus líderes radicais, Éric Drouet.
Esta décimo oitava manifestación está considerada crucial porque se cumpren catro meses de protestas e ten lugar un día despois do final do Gran Debate Nacional impulsado en xaneiro por Macron para atopar respostas coas que atallar a crise social e política desatada desde mediados de novembro polos chalecos amarelos.