Confirmado o arquivo da causa contra o brollonés José Manuel Franco polo 8-M

A Audiencia de Madrid avala o auto do xulgado que non aprecia prevaricación administrativa por non prohibir a manifestación
El delegado del Gobierno en Madrid, José Manuel Franco. EUROPA PRESS
photo_camera O delegado do Goberno en Madrid, José Manuel Franco. EUROPA PRESS

A Audiencia Provincial de Madrid confirmou o arquivo da causa aberta contra o delegado do Goberno de Madrid, o brollonés José Manuel Franco, por suposta prevaricación administrativa por non prohibir a manifestación do 8-M ante un posible risco de propagación do coronavirus.

Segundo confirmaron a Efe fontes da Delegación do Goberno, a Audiencia madrileña avala o auto da titular do xulgado de Instrución número 51 de Madrid no que concluíu que Franco "non tivo un coñecemento certo, obxectivo e técnico do risco que para a saúde das persoas entrañaba a realización de manifestacións e concentracións" entre o 5 e o 14 de marzo. 

A xuíza aclarou que se trataba dun arquivo provisional e denegou a petición da Avogacía do Estado de sobresemento libre, debido a que o delegado do Goberno mantivo unha "permanente inactividade xurídica en relación coas concentracións e manifestacións e o covid-19", que se traduciu en que non "non prohibiu ningunha concentración nin manifestación entre o 5 e o 14 de marzo en protección do dereito fundamental á saúde". 

As tres asociacións acudidas como acusación no procedemento (Unión de Oficiais, Asociación de Consumidores e Usuarios José María Mena e Asociación contra a Xestión do Coronavirus) recorreron o arquivo provisional da causa. 

Comentarios