A galega Cristina Castaño fixo gala da súa simpatía este martes en La Resistencia, onde desvelou varias anécdotas curiosas, como a peculiar visita que fixo a Versalles cun ex noivo.
Me lo pongo de tono de despertador. pic.twitter.com/velINXv1bt
— La Resistencia en Movistar+ (@LaResistencia) 19 de febreiro de 2019
A actriz, lanzada á fama polo seu papel de Judith Becker en La que se avecina, empezou contándolle a David Broncano que, cando chegaron aos xardíns, tomaron "unha substancia", non desvelada, e entón perderon a noción do tempo... tanto que pecharon as portas e eles quedaron dentro.
También somos La Voz MAL. #LaResistencia @cristinacastano pic.twitter.com/4zwmjOQtK0
— La Resistencia en Movistar+ (@LaResistencia) 20 de febreiro de 2019
A vilalbesa de nacemento e arousá de adopción tamén deu mostras do seu talento vocal. Aínda que ao principio frouxeou, finalmente Castaño acabou dando todo un recital coa súa interpretación de La puerta de Alcalá. E é que o da boa voz parece virlle de familia. O seu tío, Pepe Domingo Castaño, é todo un exemplo diso. Aquí unha mostra.