Desestimada a petición de retirar a Torra a credencial de deputado do Parlament

A Xunta Electoral Provincial recorda que a sentenza que condena ao presidente da Generalitat a un ano e medio de inhabilitación para exercer un cargo público non é firme
Quim Torra. ANDREU DALMAU (Efe)
photo_camera Quim Torra. ANDREU DALMAU (Efe)

A Xunta Electoral Provincial de Barcelona desestimou as peticións do PP, Ciudadanos e Vox para que lle fose retirada a credencial de deputado do Parlament ao presidente da Generalitat, Quim Torra, que foi recentemente inhabilitado pero a sentenza non é firme.

Nunha resolución, a Xunta Electoral Provincial recorda que a sentenza que condena ao presidente Torra a un ano e medio de inhabilitación para exercer un cargo público non é firme, e que non se dan os supostos para proceder a retirarle a súa credencial como deputado ata que a causa xudicial non conclúa.

Comentarios