lunes. 18.10.2021 |
El tiempo
lunes. 18.10.2021
El tiempo

A Eurocámara levanta a prohibición de acceso a Carles Puigdemont

Puigdemont. EFE
Puigdemont, durante unha rolda de prensa en Bruxelas. EFE
Tamén se activan os efectos sobre Toni Comín

O Parlamento Europeo (PE) levantou este xoves a prohibición de acceso ao expresidente da Generalitat de Cataluña, Carles Puigdemont e ao exconseller catalán Toni Comín, informaron a Efe fontes desa institución.

O pasado 15 de outubro Puigdemont perdeu o seu acceso á sede do Parlamento Europeo, ao que podía acudir como invitado dun eurodiputado, como consecuencia da orde de detención (euroorden) activada un día antes pola Xustiza española.

A pesar de seguir activada a euroorden, a institución decidiu levantar o veto de entrada a Puigdemont e Comín, tras a sentenza ditada este xoves polo Tribunal de Xustiza da UE, segundo a cal o líder de ERC, Oriol Junqueras, debería gozar de inmunidade como eurodiputado desde a proclamación dos resultados dos últimos comicios europeos.

Desde Bruxelas, Puigdemont dixo este xoves que a sentenza europea abre "novas oportunidades políticas" e que confía en que a sentenza lles permita a el e ó seu exconseller Toni Comín recoller canto antes as súas credenciais como eurodiputados, xa que do mesmo xeito que Junqueras resultaron elixidos nas eleccións europeas de maio

A decisión foi idéntica á que xa tomou a Eurocámara en novembro de 2017

O Parlamento Europeo activou a prohibición de acceso aos seus edificios para Puigdemont en outubro, logo de ter coñecemento da tramitación dunha nova euroorden, polos delitos de sedición e malversación, cursada polo maxistrado do Tribunal Supremo español Pablo Llarena.

A decisión foi idéntica á que xa tomou a Eurocámara en novembro de 2017 cando se estaba tramitando a primeira euroorden contra Puigdemont, que fuxira a Bélxica a finais de outubro dese ano.

A Eurocámara levanta a prohibición de acceso a Carles Puigdemont
Comentarios