Falece un turista sueco tras caer dun quinto piso en Palma

O mozo chegara hai uns días a Mallorca cun grupo de amigos

Sin nombre
photo_camera Rúa onde se produciron os feitos. GOOGLE MAPS

Un turista sueco de 24 anos faleceu este luns no barrio do Coll d'En Rebassa de Palma tras caer accidentalmente do quinto piso dun edificio onde se aloxaba con outros amigos, informou a Policía Nacional.

O suceso tivo lugar ás 6.15 horas cando o mozo se caeu desde o balcón deste piso situado na rúa Trafalgar desta zona turística. Ao parecer, os novos turistas consumiran alcol ao longo da pasada noite.

Os equipos sanitarios desprazados non puideron facer nada por reanimar ao mozo

A Policía, que se fixo cargo da investigación, descarta que se trate dun suicidio.

O grupo chegara hai uns días a Mallorca para gozar do sol e a praia e aloxábase nun piso desta rúa que tivo que ser pechada ao tráfico durante unhas horas.

Os equipos sanitarios desprazados non puideron facer nada por reanimar ao mozo, que faleceu no lugar do suceso.

Comentarios