Feijóo chama "desleal" a Sánchez por aprobar decretos coas eleccións convocadas

Ve "irresponsable" modificar a lexislación laboral a piques de entrar en funcións

Alberto Núñez Feijóo. LAVANDEIRA JR (Efe)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo. LAVANDEIRA JR (Efe)

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acusou este martes de "deslealdade" e de "irresponsabilidade" ao Goberno de Pedro Sánchez por recorrer ao real decreto lei coas Cortes a piques de disolverse e as eleccións xerais xa convocadas.

En declaracións aos medios, ao termo dun almorzo informativo, convocado polo Foro Nova Economía, para a defensa do Corredor Atlántico, Feijóo recordou a Sánchez que unha vez se disolvan as Cortes, "a efectos da cidadanía, o Goberno está en funcións e en funcións non se poden adoptar acordos que afecten os alicerces esenciais da economía ou a calquera outra cuestión".

"E modificar a reforma laboral cun Goberno que anunciou a súa data de caducidade, cunhas eleccións xa convocadas e unhas Cortes a piques de disolver, é un acto de deslealdade e irresponsabilidade", insistiu o presidente autonómico.

Xa que logo, Núñez Feijóo pediu ao Goberno que non recorra a estes "fogos de artificio pouco leais" e considerou que habería que regular que pode facer un Executivo desde o momento en que convoca eleccións.

Núñez Feijóo incidiu en que funciones "non se poden adoptar decisións de carácter xeral, nin tan estruturais como a lexislación laboral".

Comentarios