O Goberno aproba un subsidio extraordinario para as empregadas do fogar

"Se algo aprendemos é que é fundamental coidar mellor aos que coidan", subliñou Pablo Iglesias
Rolda de prensa de Pablo Iglesias. EFE
photo_camera Rolda de prensa de Pablo Iglesias. EFE

O Goberno deu luz verde a un subsidio de desemprego temporal que poden solicitar as empregadas de fogar dadas de alta na Seguridade Social, que ata agora non contaban con este dereito, se as despiden ou ven reducidas as súas horas de traballo nesta crise do coronavirus.

Segundo explicou o vicepresidente de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Pablo Iglesias, na rolda de prensa telemática tras a celebración do Consello de Ministros esta medida enmárcase na necesidade de seguir dando "protección" e "seguridade" ás persoas nesta crise, especialmente aos colectivos máis vulnerables.

O colectivo maioritariamente feminino de empregadas do fogar está formado por unhas 580.000 traballadoras, segundo a última enquisa de poboación activa (Epa), pero só hai 394.171 persoas afiliadas no sistema especial, o que reflicte a irregularidade que se dá nestes empregos.

Só as dadas de alta poderán pedir este subsidio de paro que será do 70 % da base de cotización da traballadora.

Segundo explicaron fontes do Ministerio de Traballo, a contía será do 70 % da base de cotización da empregada de fogar

"Se algo aprendemos é que é fundamental coidar mellor aos que coidan", subliñou Iglesias que destacou o "importante" e "pouco recoñecido" traballo que fan limpando, coidando de maiores e de menores.

"Non pode ser que sexan de novo as grandes esquecidas", reiterou.

Segundo explicaron fontes do Ministerio de Traballo, a contía será do 70 % da base de cotización da empregada de fogar e terán dereito as persoas dadas de alta antes da entrada en vigor do estado de alarma, o pasado 15 de marzo, e que deixen de prestar servizos nun ou varios domicilios, total ou parcialmente, para reducir risco de contaxio por mor da crise sanitaria do Covid-19.

Tamén, detallan, as que sexan despedidas durante a crise sanitaria.

O dereito á prestación será desde a data de baixa na Seguridade Social

Para acreditar esta situación e pedir o subsidio ante o Sepe, valerá cun destes documentos: unha declaración responsable asinada polo empleador, carta de despedimento ou comunicación de desistimiento ou a baixa no Sistema Especial de Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social.

O dereito á prestación será desde a data de baixa na Seguridade Social ou desde a data que figure na declaración responsable asinada polo empleador.

O subsidio é compatible coa percepción doutros salarios por conta propia ou allea se non se supera, en conxunto, o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) de 950 euros para este ano.

E é incompatible co subsidio por incapacidade temporal ou co permiso retribuído recuperable.

Comentarios