Iglesias asume que Errejón volverá á política nacional "antes ou despois"

De momento, o exdirixente de Podemos garda silencio
Pablo Iglesias (izquierda) e Íñigo Errejón
photo_camera Pablo Iglesias (izquierda) e Íñigo Errejón

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, dixo este venres que hai que naturalizar a volta á política nacional do seu exnúmero dous, Íñigo Errejón, algo que na súa opinión sucederá "máis tarde ou máis cedo" porque -incidiu- o autonómico "é algo que non lle interesou nunca".

A repetición electoral do 10 de novembro devolve a Errejón ao centro do debate político, ante a posibilidade de que decida concorrer con Más Madrid, o partido que lanzou xunto á exalcaldesa da capital, Manuela Carmena, que descarta volver á primeira liña política.

Errejón gardou silencio durante toda a xornada sobre ese posible retorno á política nacional, un escenario que o pasado luns, antes de que a investidura de Pedro Sánchez encallase definitivamente, dixo que lle parecía "precipitado".

Nas últimas semanas o ex número dous de Podemos lanzou en varias ocasións mensaxes pronunciándose a favor de que o seu antigo partido facilitase a investidura de Sánchez e renunciase a formar parte dun Goberno de coalición cos socialistas, opción defendida ata as últimas consecuencias polo secretario xeral, Pablo Iglesias.

O fracaso da negociación entre Podemos e o PSOE e a investidura errada de Sánchez en xullo levou a membros de Más Madrid -partido co que Errejón competiu contra Podemos nas autonómicas de maio- a ver con bos ollos a aventura nacional. Represen

Comentarios