miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

A indignación de Roi contra 'Sálvame': "O que vivín paréceme rastrero e de moi mal gusto"

Roi en 'Sálvame'. TWITTER
Roi en 'Sálvame'. TWITTER

O triunfito galego acudiu ao estudio para acompañar á súa noiva, concursante de Factor X, e foi vítima dunha emboscada por parte da presentadora do programa, Carlota Corredera, que o abordou en directo e sen previo aviso 

O exconcursante galego de Operación Triunfo Roi Méndez apareceu involuntariamente no programa Sálvame, ao que acudiu para acompañar á súa noiva —Crislo, tamén cantante e seleccionada para participar en Factor X— sen ningunha intención de saír ante as cámaras. "Non me fai ningunha graza saír nun programa que criticou tanto os meus compañeiros", escribiu claramente indignado o mozo teense na súa conta de Twitter. E é que a presentadora, Carlota Corredera, aproveitou a ocasión para abordalo en directo e sen previo aviso cando seguía a intervención da súa moza entre bastidores. A cara do triunfito deixou ver a súa sorpresa pola emboscada. "Paréceme rastrero e de moi mal gusto", tuiteou máis tarde.

 

"Ninguén me saudou estando alí e incluso me preguntaron se era bailarín", engadiu nas súas redes sociais Roi, para insistir en que ninguén solicitou o seu consentimento e que a entrevista foi totalmente improvisada.

.

 

Desde o programa utilizaron tamén Twitter para quitarlle ferro ao asunto. "Xa sabes que aquí sacamos a todos os que están no estudio, e facíanos ilusión falar contigo 30 segundos".

A indignación de Roi contra 'Sálvame': "O que vivín paréceme...
Comentarios