Isabel Rábago, de 'Supervivientes' a responsable de comunicación do PP madrileño

A xornalista formará parte da nova executiva do partido tras a saída de Cifuentes

Isabel Rábago. TELECINCO
photo_camera Isabel Rábago. TELECINCO

A xornalista Isabel Rábago, consursante de Supervivientes 2015 e tertuliana habitual de Sálvame, foi nomeada responsable da área de comunicación e medios do PP de Madrid nesta nova etapa do partido tras a saída de Cristina Cifuentes.

Rábago nunca ocultou os seus ideais políticos publicamente e incluso participou activamente en actos do Partido Popular. "Eu voto ao PP e estou orgullosa. Os votantes do PP non somos nin fachas, nin corruptos, nin machistas", escribiu nas redes sociais o ano pasado. 

A fichaxe da xornalista é o máis mediático dos anunciados polo presidente do PP de Madrid, Pío García-Escudeiro, este luns. Na nova directiva tamén figura Pablo Casado como presidente do comité electoral.

Comentarios