A metade dos españois suspende a Pedro Sánchez na súa xestión do Covid-19

Margarita Robles, ministra de Defensa, é a mellor valorada do Goberno, segundo unha enquisa realizada entre o 3 e o 8 de abril
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Pedro Sánchez, tras unha reunión do consello de ministros. EFE

O 51 por cento dos españois considera mala ou moi mala a xestión da crise do coronavirus por parte do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e as Forzas Armadas son a institución mellor valorada polos cidadáns nesta urxencia sanitaria.

Así se desprende dun estudo realizado por Ipsos entre o 3 e o 8 de abril a máis de 2.000 cidadáns de entre 16 e 65 anos, que revela que só un 25 % dos enquisados cualifica como boa ou moi boa a xestión de Sánchez.

O vicepresidente segundo do Goberno e ministro de Dereitos Sociais, Pablo Iglesias, é o membro peor valorado. A súa xestión é considerada mala ou moi mala polo 56 % dos enquisados e só un 20 % opina que é boa ou moi boa.

No lado oposto sitúase a ministra de Defensa, Margarita Robles: 1 de cada 3 cualifica a súa xestión de boa ou moi boa. Séguenlle, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, e o Rei Felipe VIN.

No que respecta á percepción sobre as diferentes institucións, xunto aos sanitarios, os cidadáns coinciden en que as Forzas Armadas e os concellos (76 % e 43 %, respectivamente) son os órganos máis útiles e eficaces.

Contar coa a Unidade Militar de Urxencia é a medida sanitaria que os enquisados consideran máis efectiva

Pola contra, máis da metade (51 %) móstranse especialmente críticos co papel da Comisión Europea na xestión desta urxencia.

En canto ás medidas sanitarias, os enquisados consideran que as máis efectivas foron contar coa Unidade Militar de Urxencia (77 %), construír hospitais de urxencia (71 %), o control do confinamento da poboación (60 %) e a paralización de toda a actividade económica non esencial (57 %). Con todo, a entrega de equipos médicos e de protección só foi valorada como efectiva polo 37 %.

En canto ás medidas económicas, a máis valorada é a destinada a garantir os servizos esenciais (luz, auga, etc) que apoian un 79 % dos enquisados, seguida da flexibilización das xornadas laborais (70 %).

Como peor valoradas sitúanse as implicacións no gasto público e a provisión de avais destinados ao financiamento de empresas privadas, cun 58 % e 57 %, respectivamente. 

Comentarios