Micrashell, o traxe anti-coronavirus para saír de copas e practicar sexo

O deseño inclúe dúas cápsulas para o consumo de alcol e cigarros electrónicos 
Prototipo del Michoshell.PRODUCTION CLUB
photo_camera Prototipo del Michoshell.PRODUCTION CLUB

Saír de festa ou ir a un concerto son algúns dos plans que están no aire ante a necesidade de manter a distancia de seguridade. A nosa forma de relacionarnos e gozar cambiarán, aínda que tamén, a nosa forma de vestir, segundo a empresa de eventos americana con fundador español, Production Club.

Para tratar de pór remedio á experiencia de botarse unhas copas cos amigos, esta firma presentou un traxe de protección para "permitir que as persoas interactúen de xeito seguro nas proximidades". Iso é o que conta a web. Está deseñado para satisfacer as necesidades da vida nocturna, é dicir, asistir a festivais e concertos sen medo a contaxiarse de coroanvirus.

Micrashell como así foi bautizado, é un equipo protexido contra o coronavirus, fácil de controlar, desinfectable e que permite beber e fumar, aínda que dunha forma distinta.

Pero, ¿como?. Todo está pensado. Segundo indican na súa web, "o usuario poderá consumir bebidas e cigarros electrónicos a través dunhas cápsulas deseñadas e axustadas na parte de abaixo do casco. As bebidas contéñense dentro de cápsulas ás que só ten acceso o usuario e camareiro engadindo así un novo nivel de seguridade ao "mundo da noite" e evitando calquera contacto.

O seu deseño só cobre a metade superior do corpo, de maneira que o usuario pode vestirse facilmente e usar o baño (ou practicar sexo) sen ter que quitarllo.

O traxe conta con dous sistemas de baterías de litio para unha operación activa ininterrompida e son fáciles de cargar e intercambiar cando se descargan. Esteticamente recorda aos xa tan coñecidos EPIs (equipos de protección dos sanitarios).

¿E se queremos falar? O traxe conta cun sistema de voz inalámbrico, e incluso se poderá axustar o volume. Ademais, o casco ten un sistema de altofalantes para escoitar música en directo, segundo recolle El Español.

Se te atopas cun amigo co que hai moito tempo que non che ves e queres facerte un selfie, non haberá problema. O traxe conta cun sistema de cámara de vídeo, conectado co teléfono. Para iso, o móbil non podería ir ao peto. A idea é que estea integrado no Micrashell, polo que terá un oco no brazo.

Por agora non se pode comprar e descoñécese o prezo.

Comentarios