O móbil de Roger Torrent foi obxectivo dun programa espía que só se vende a gobernos

El presidente del Parlament, Roger Torrent. TONI ALBIR (EFE)
photo_camera O presidente do Parlament, Roger Torrent. TONI ALBIR (EFE)

O teléfono móbil do presidente do Parlament de Cataluña, Roger Torrent, foi obxectivo dun programa espía en 2019, que baixo o nome de Pegasus foi desenvolvido pola compañía israelí NSO e que só se vende a gobernos e forzas e corpos de seguridade para combater o crime e o terrorismo, segundo apuntaron fontes próximas a Europa Press. 

Segundo unha investigación de El País e The Guardian, o móbil de Torrent foi atacado con Pegasus entre abril e maio de 2019 a través dun fallo de seguridade de WhatsApp, que abriu a porta á instalación do programa no teléfono de Torrent e de 1.400 móbiles no mundo. 

Citizen Lab, un grupo de ciberseguridade da Munk School situado na Universidade de Toronto, investigou o ataque masivo despois de que WhatsApp lle facilitase os números espiados polo programa desenvolvido por NSO. 

O programa permite escoitar conversas, ler mensaxes, acceder ao disco duro, facer capturas de pantalla, revisar o historial de navegación e activar por control remoto a cámara e o micrófono dos dispositivos. 

Esquerra Republicana rexistrou este martes no Congreso unha petición para que o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, explique na Cámara a presunta espionaxe a Torrent. 

O expresidente da Generalitat Carles Puigdemont, pola súa banda, pediu non deixar "impune" o "escándalo". 

Comentarios