Unha muller de 73 anos dá a luz dúas nenas xemelgas en India 

O doutor Umashankar Sanakkayala asegura que se trata dun "milagre", dun "logro da medicina moderna" 
Man dun recén nado. PIXABAY
Man dun recén nado. PIXABAY

Unha muller india que acreditaría ter 73 anos deu a luz a dúas nenas xemelgas, segundo o equipo médico que a atendeu e que contribuiría desta forma a un parto sen precedentes pola elevada idade da xestante, casada cun home que ten 80 anos. 

A muller, Erramatti Mangayamma, quedou embarazada por unha fecundación in vitro e deu a luz mediante cesárea o xoves na localidade de Guntur, no estado de Andhra Pradesh. Tanto a nai como as dúas fillas atópanse en boas condicións. 

O doutor Umashankar Sanakkayala, que dirixiu a un equipo de dez médicos, asegurou á axencia DPA que se trata dun "milagre", dun "logro da medician moderna". "A fecundación in vitro non só depende da ciencia, a vontade de Deus tamén importa", explicou por teléfono. 

Sanakkayala asegurou que o certificado escolar presentado pola paciente é "auténtico" e cita como data de nacemento o 1 de xullo de 1946. Ata agora, o libro Guinness dos records recollía como o parto dunha muller de máis idade o da española Carmen Bousada en 2006, con case 67 anos. 

"Estou moi contento. Deus escoitou as nosas pregarias", declarou Mangayamma ante os medios, segundo a axencia de noticias IANS. 

Comentarios