A Nasa dá por 'morto' ao robot Opportunity tras 15 anos en Marte

Non sobreviviu a unha tormenta de area e agora xace en Perseverance Valley

Opportunity en Marte. ARCHIVO
photo_camera Opportunity en Marte. ARCHIVO

A Nasa deu este mércores por perdido ao robot Opportunity, que investigou a superficie do planeta Marte durante 15 anos e que resultou danado por unha catástrofe natural.

Segundo os científicos da Axencia Espacial Estadounidense (Nasa), o aparello, que descubriu os indicios de auga en Marte, non sobreviviu a unha enorme tormenta de po o pasado 10 de xuño.

O rover Opportunity atópase en Perseverance Valley, un barranco no bordo do cráter Endeavour, lugar ao que chegou tras percorrer case 50 quilómetros desde o seu punto de chegada a Marte, onde pasou tres lustros. 

"Non podería imaxinar un sitio máis apropiado para Opportunity que un chamado Val da Perseveranza", asegurou un responsable da Nasa. Opportunity, un xemelgo do robot Spirit, converteuse na máquina que permaneceu máis anos en activo en Marte. 

Comentarios