Paulina se 'carga' a los gallegos de 'La Voz'

A eliminación máis inesperada foi a de Andrés Balado

Paulina Rubio, en 'La Voz'.YOUTUBE
photo_camera Paulina Rubio, en 'La Voz'.YOUTUBE

Para moitos sorprendeu e pareceu inxusta a decisión que Paulina Rubio tomou para 'cargarse' a Andrés Balado, o informático coruñés de 47 anos ao que tamén se lle coñece como o Bruce Springsteen galego, do programa de La Voz.

Balado enfrontouse nun duelo ao tenor Ángel Cortés, no que ambos interpretaron a dúo o clásico de Joe Cocker You are so beautiful. A pesar de ser un dos favoritos para gañar o concurso, saíu mal parado da actuación.

A intérprete mexicana xustificou a súa decisión explicando que cando decide "coa cabeza" adoita equivocarse, polo que decidiu decantarse pola vía irracional e e dar renda solta aos seus instintos, algo que, segundo ela, deulle bos resultados no pasado.

Na última edición do programa Paulina tampouco ditaminou favorablemente para para o dúo de Ángel Mosquera e Leonardo Mera, ambos tamén galegos que ensaian vía Skype, que foron eliminados no duelo fronte a Marlo. Nesta ocasión a canción a interpretar foi Writing's on the Wall, de Sam Smith.