Podemos pregunta ás súas bases se prefiren goberno de coalición ou de cooperación

Abre unha consulta entre os seus inscritos ata o día 18

El secretario general de Podemos, Pablo Iglesias. JUAN CARLOS CÁRDENAS (EFE)
photo_camera El secretario general de Podemos, Pablo Iglesias. JUAN CARLOS CÁRDENAS (EFE)

Podemos anunciou este venres a convocatoria desde este venres e ata o xoves 18 dunha consulta aos seus inscritos para que decidan se queren un goberno de coalición ou se apoian un executivo monocolor como o que propón o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez.

En rolda de prensa, a portavoz de Podemos, Noelia Vera, explicou que a consulta consta dunha pregunta ante a que os inscritos terán dúas opcións de resposta. 

A pregunta é a seguinte: "Como deben votar os deputados de Podemos na sesión de investidura da décimo terceira lexislatura?".

A opción 1 que poden marcar os militantes di: "Para facer presidente a Sánchez é necesario chegar a un acordo integral, programático e de equipos sen vetos onde as forzas de coalición teñan unha representación claramente proporcional aos seus votos?".

Mentres que a opción 2 sinala: "Para facer presidente a Sánchez xa sexa mediante o voto a favor ou a abstención basta coa proposta do partido socialista, é dicir, un goberno deseñado unicamente polo PSOE, colaboración en niveis administrativos subordinados ao goberno e acordo programático?".

Comentarios