O PP lanza un vídeo no que mostra a Sánchez e Iglesias como personaxes de 'Poltergeist' 

"Gustaríanos dicirvos que isto é cousa de Halloween... pero está a pasar en toda España", foi a mensaxe co que os 'populares' acompañaron o vídeo

Sánchez e Iglesias no vídeo compartido polo PP en redes sociais. TWITTER
photo_camera Sánchez e Iglesias no vídeo compartido polo PP en redes sociais. TWITTER

O Partido Popular lanzou este mércores un vídeo nas súas redes sociais baixo a etiqueta #YaEstánAquí no que mostra ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e ao secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, como personaxes da película de terror Poltergeist

Nos gustaría deciros que esto es cosa de #HappyHalloween...pero está pasando en toda España.#YaEstánAquí 🧛‍♂🧟‍♀🎃👻 pic.twitter.com/QycnbhYEUy

— Partido Popular 🇪🇸 (@PPopular) 31 de outubro de 2018

"Gustaríanos dicirvos que isto é cousa de Halloween... pero está a pasar en toda España", foi a mensaxe coa que os 'populares' acompañaron o vídeo en que se pode ver un fragmento do famoso filme no que unha familia é vítima de diversos feitos paranormais. 

En concreto, o PP elixiu a escena na que Carol Anne –interpretada por Heather O'Rourke– comeza a conversar coa televisión, na que se transmite unha imaxe difusa. "Máis paro, máis impostos, máis prima de risco, previsións económicas á baixa", son as primeiras palabras emitidas polo televisor. 

Cando Carol Anne se dirixe ao aparello, móstranse imaxes de Iglesias con Junqueras, de Sánchez con Torra e do expresidente do Executivo José Luís Rodríguez Zapatero. "Iglesias negociando os orzamentos con Junqueras no cárcere. Sánchez negociando cos independentistas. Europa di non aos orzamentos", prosegue a narración, cando a nena emite a coñecida frase: "Xa están aquí". 

O vídeo, que termina cun berro, finaliza cunha mensaxe no que a formación liderada por Pablo Casado reclama a Sánchez que convoque "eleccións xa". 

Comentarios