lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

O PSOE presentará unha nova lei para impulsar a exhumación de familiares en fosas comúns

Pedro Sánchez. EFE
Pedro Sánchez. EFE
A nova lei de memoria democrática atenderá a unha "demanda cidadá" na "liña das recomendacións de organizacións internacionais" 

O PSOE avanzou que o Goberno presentará proximamente unha nova lei de memoria democrática, que suporá un paso adiante en "lexítima demanda dos cidadáns e cidadás que ignoran o paradoiro dos seus familiares", no que fai referencia ás fosas comúns, para que poidan darlles digna sepultura.

Os socialistas manifestaron este compromiso nun manifesto publicado na súa páxina web con motivo do Día Internacional das Vítimas de Desaparicións Forzadas.

O partido recorda que, baixo o mandato de José Luís Rodríguez Zapatero, aprobouse a Lei de Memoria Histórica e España ratificou a Convención Internacional para a Protección de todas as Persoas contra as Desaparicións Forzadas.

Pero lamenta que sendas iniciativas non tiveron percorrido nos anos do Goberno do galego Mariano Rajoy, o que provocou "a crítica negativa de diversos organismos internacionais de Dereitos Humanos e, especificamente, os relativos a desaparicións forzadas."

E agora, continúa, Pedro Sánchez está decidido a reverter esta situación e o seu primeiro paso foi crear unha Secretaría de Estado de Memoria Democrática e impulsar actuacións para a exhumación de fosas comúns de vítimas da Guerra Civil e a Ditadura.

A iso sumarase a nova lei de memoria democrática, que quere aprobar o Executivo "incorporando novos obxectivos, que, na liña das recomendacións de distintos organismos internacionais en materia de dereitos humanos, atenderá a lexítima demanda dos cidadáns e cidadás que ignoran o paradoiro dos seus familiares, a maioría en fosas comúns, para que poidan darlles digna sepultura". 

O PSOE presentará unha nova lei para impulsar a exhumación de...
Comentarios