Robles admite que o descoñecemento do paradoiro de Juan Carlos I "non foi bo" para a monarquía

Apuntou que a institución encarnada, representada e dirixida por Felipe VI é "forte e ten credibilidade"
A ministra de Defensa, Margarita Robles. EFE/CARLOS BARBA
photo_camera A ministra de Defensa, Margarita Robles. EFE/CARLOS BARBA

A ministra de Defensa, Margarita Robles, sinalou este luns que os días posteriores á saída do rei emérito de España cando non se coñecía exactamente onde estaba Juan Carlos I "non foron bos para a monarquía", e apuntou que a institución encarnada, representada e dirixida por Felipe VI é "forte e ten credibilidade". 

Nunha entrevista na Cadea Ser recollida por Europa Press Robles apuntou que aínda que se debe respectar o principio de presunción de inocencia para todo cidadán, "ninguén esta por encima da lei" e no caso do emérito, no caso de que sexa chamado a declarar deberá comparecer. 

Por este motivo, insistiu en que eses primeiros días nos que se descoñecía o destino de Juan Carlos I, que finalmente recalou en Emiratos Árabes Unidos, non foron bos para a institución. A pesar disto, indicou que non se debe pór en cuestión o pacto constitucional que ten "á monarquía encarnada en Felipe VI como punto importante". 

O Rei Juan Carlos I atópase en Emiratos Árabes Unidos (EAU), segundo informou a Casa Real a mediados de agosto, dúas semanas logo de facerse pública a súa decisión de trasladar a súa residencia fóra de España. 

A decisión chegou despois de que se coñecese que a Fiscalía do Tribunal Supremo asumía a investigación derivada das dilixencias abertas en decembro de 2018 por Anticorrupción para aclarar o destino de 80 millóns de euros que segundo a empresaria Corinna Larsen repartíronse entre outros o Rei emérito pola adxudicación da AVE á Meca a empresas españolas en 2011. 

Comentarios