Sánchez anuncia un aumento de 10.000 prazas de MIR de enfermería e farmacia

O presidente tamén afirmou que España é un dos países que pode estar "orgulloso" da súa capacidade de vacinación respecto doutros estados
Pedro Sánchez. EFE
photo_camera Pedro Sánchez. EFE

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez anunciou este venres, nun acto celebrado en Pamplona, un aumento de 10.000 prazas de MIR en enfermería e farmacia, un 3,2 % máis que este ano, para incrementar o número de profesionais en formación sanitaria no contexto da crise sanitaria da covid-19.

As probas selectivas para os novos MIR serán o 27 de marzo de 2021, co obxectivo de que estes profesionais poidan incorporarse ao sistema sanitario con varios meses de antelación respecto dos prazos habituais, sinalou Sánchez nun acto no que presentou o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Economía Española.

O presidente, quen considerou que as vacinas contra a covid "fannos albiscar a recuperación progresiva da nosa normalidade", afirmou que España é un dos países que pode estar "orgulloso" da súa capacidade de vacinación respecto doutros estados.

España será capaz de levar a cabo unha campaña de vacinación rápida, ademais de solvente, "e equitativa", declarou Sánchez, quen interveu, xunto á presidenta de Navarra, María Chivite, nun acto ao que asistiu unha trintena de invitados entre membros do Executivo foral, autoridades e representantes do ámbito económico e empresarial.

Comentarios