Sánchez retomará os contactos cos partidos políticos a finais de agosto

Reunirase cos nacionalistas cataláns, con PNV e Podemos para formar un goberno progresista
Pedro Sánchez. EMILIO NARANJO (EFE)
photo_camera Pedro Sánchez. EMILIO NARANJO (EFE)

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, avanzou este venres que retomará os contactos coas forzas políticas para intentar formar goberno a finais de agosto e principios de setembro.

"Falaremos co PNV, o Partido Rexionalista de Cantabria (PRC), as forzas nacionalistas de Cataluña e loxicamente con Unidas Podemos", precisou en declaracións á prensa antes de reunirse con organizacións do sector cultural, no marco da rolda de contactos que mantén con colectivos sociais.

Unha vez máis, Ciudadanos quedará fóra desta rolda de contactos dirixidos a materializar un programa de goberno progresista porque, segundo recordou Sánchez, o seu líder Albert Rivera dixo que non quere reunirse con el e, polo tanto, "ouvido cociña", dixo. 

Comentarios