Sara Carbonero, operada dun tumor nun ovario

A xornalista asegura estar "tranquila e coa confianza de que todo vai saír ben"

Sara Carbonero. EFE
photo_camera Sara Carbonero. EFE

Sara Carbonero anunciou este martes que foi intervida de urxencia tras serlle detectado un tumor maligno nun ovario.

"Todo saíu moi ben, afortunadamente pillámolo moi a tempo pero aínda me quedan uns meses de loita mentres sigo o tratamento correspondente", explicou a xornalista nunha publicación na súa conta de Instagram.

A pesar do susto, a parella de Iker Casillas asegura estar "tranquila e coa confianza de que todo vai saír ben". "Sei que o camiño será duro pero tamén que terá un final feliz. Conto co apoio da miña familia e amigos e cun gran equipo médico", engadiu.

A operación de Carbonero prodúcese tres semanas despois de que o seu marido sufrise un infarto mentres adestraba co seu equipo, o O Porto.

Comentarios