Os taxistas de Barcelona e Madrid desconvocan a folga

Fomento delegará ás comunidades que o desexen competencias para regular os VTC ► A Xunta oponse

Huelga de taxistas en Barcelona. QUIQUE GARCÍA (EFE)
photo_camera Huelga de taxistas en Barcelona. QUIQUE GARCÍA (EFE)

Os taxistas de Barcelona e Madrid decidiron desconvocar a folga e levantaron os seus campamentos, á espera de que o Goberno cumpra os compromisos adquiridos tras a reunión deste mércores coas comunidades.

O Ministerio de Fomento habilitará a partir do próximo mes de setembro ás comunidades que o desexen para que poidan regular o sector dos vehículos de aluguer con condutor (VTC) , as empresas como Uber e Cabify, e desta forma poidan frear a súa expansión fronte ao taxi. 

O departamento que dirixe José Luís Ábalos optou finalmente por esta fórmula, no canto de transferir directamente as competencias en VTC a todas as rexións, tal como anunciara, por considerar que se trata do sistema que permite unha "solución xurídica máis rápida e sinxela". 

O ministro de Fomento desistiu finalmente da súa proposta de traspasar ás comunidades autónomas a competencia de outorgar licenzas deste tipo logo dos receos e reticencias manifestadas por varios gobernos autonómicos ante a medida, por considerar que, desta forma, só se lles ía a traspasar o conflito no canto de solucionalo. 

Galicia foise da reunión con Fomento
Galicia non acepta recibir en transferencia as competencias para conceder licenzas a vehículos de aluguer con condutor (VTC) e restrinxir así o seu crecemento fronte ao taxi, por considerar que con esta medida o Goberno central só busca "trasladarlle o problema". 

Así o asegurou a consellera de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel María Vázquez, ao deixar a reunión do Ministerio de Fomento e as comunidades autónomas á hora e media do seu inicio. 

"O Goberno quere trasladar o problema ás comunidades autónomas cando o que ten que fai é gobernar e solucionar o problema, non transferilo", asegurou Vázquez. 

Comentarios