sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

Vox di que o seu sistema de afiliación colapsou tras superar os 20.500 inscritos

O presidente de Vox, Santiago Abascal, en rolda de prensa este luns en Sevilla. PEPO HERRERA (EFE)
O presidente de Vox, Santiago Abascal, en rolda de prensa este luns en Sevilla. PEPO HERRERA (EFE)

Segundo informa o partido de Abascal, pasaron de ter 3.500 subscritos en agosto de 2017 a máis de 20.500 esta semana

Vox sinalou este venres que o seu sistema de afiliación colapsou tras superar os 20.500 afiliados. Segundo apuntan, o sistema informático a través da súa páxina web rexistrou fallos que provocaron que a formación teña que pechar a aplicación para poder ampliar a capacidade. 

Nun comunicado de prensa, os de Abascal sinalan que durante esta ponte excederon os 20.500 afiliados, o que supón, segundo datos que achega a formación, 2.300 afiliacións novas nos últimos cinco días. Desde Vox achacan este incremento ao "éxito electoral do pasado domingo en Andalucía". 

O 1-0 e a elección de Pablo Casado como líder do PP foron os seus momentos de maior crecemento

Segundo se pode ler este venres na súa páxina web, a afiliación online atópase en operacións "de mantemento" e invitan a realizar a operación a través do envío dun formulario por correo electrónico. 

Agora, informan, o servizos informáticos traballarán durante a fin de semana para ampliar a capacidade de rexistro do seu sistema e esperan que o luns 10 de decembro resolvan problema e poidan seguir captando afiliacións novas.

Nun ano pasaron dos 3.500 subscritos a máis de 20.000

Segundo explican desde a formación, o número de afiliados creceu "exponencialmente" no último ano, xa que pasaron de ter 3.500 subscritos en agosto de 2017 a obter máis de 20.000 nesta semana. Segundo explican, os momentos de maior crecemento coincidiron co referendo ilegal do 1 de outubro, a moción de censura a Mariano Rajoy e a elección de Pablo Casado como líder do PP. 

O PP insiste en que Vox se some a un pacto en Andalucía
Pola súa banda, a vicesecretaria de Estudos e Programas do PP, Andrea Levy, dixo este venres que o seu partido xa ten contactos co "seu socio prioritario" (Cidadáns) para negociar un acordo en Andalucía, e precisou que Vox pode sumarse a ese acordo e que será benvido. 

Nunha entrevista en Telecinco, Levy explicou que, tras estes primeiros contactos, os equipos negociadores de PP e Cidadáns quedaron emprazados á semana que vén, e sobre este futuro acordo recoñeceu que hai "moito por facer" para dar "unha volta de 180 graos ao modelo de Susana Díaz, de 40 anos de rede clientelar en Andalucía".

Vox di que o seu sistema de afiliación colapsou tras superar os...
Comentarios